Friday 17 de May de 2024

A Coruña acolle mañá o VI Trofeo Internacional de Karate FemininoTeresa Herrera


A competición celebrarase no pavillón municipal do colexio San Francisco Javier a partir das 17.30 horas

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, informa de que o polideportivo municipal do colexio San Francisco Javier acolle mañá, sábado 24 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, o VI Trofeo Internacional de Karate Feminino Teresa Herrera.
O Concello colabora coa Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas na organización deste evento deportivo no que participarán 60 deportistas pertencentes ás seleccións de Portugal, Castela e León, País Vasco, Cantabria e Galicia. En concreto,
a selección galega estará composta por un total de 20 mozos dascuatros provincias.
A competición inclúe as categorías cadete, júnior e sénior das modalidades de kata e kumite feminino.